Pequeno achegamento aos seres máxicos das nosas lendas

lunes, 29 de octubre de 2007

A meiga da noite



Consumida, sen dentes, o cabelo como guedellas, só os seus ollos transmiten o seu verdadeiro ser, ese que aínda a mantén tesa. E, xurde unha dúbida: ¿é vella pola idade ou porque o seu amo lle consumiu a savia da vida?

A resposta dunha elaboración artística

  • Interpretación dunha meiga, na que se destaca a súa beleza, moi lonxe da imaxe típica






jueves, 25 de octubre de 2007

A noite, unha curva e, ao mencer, unha cruz


Chovía, os faros case non permitían ver o trazado da estrada. Ía canso, a pesares dos seus poucos anos (18). Cando quixo reaccionar, xa era tarde, a pechada curva apareceu como xurdindo de súpeto. Ao seu carón soamente a Nada. Comezou a vagar sen rumbo, pedía axuda, pero ninguén acudía. Ao chegar o día, alguén chantou unha cruz no lugar do accidente e sentiu que unha forza o fixaba neses catro brazos, sentíase seguro, comprendeu que tiña que agardar ata que chegase o seu tempo.
Din que cando vai noite con choiva, no brazo vertical da cruz parece verse como unha especie de cara anhelante, agardando que chegue o seu tempo de partida

A lenda e a toponimia


No monte Cova da Serpe vivía unha cobra que tiña mortos de medo ós veciños de Miraz. A cobra, enorme, baixaba sembre beber á fonte que está cerca da Torre e que chaman Pozo da Serpe. Un día a xente decidiu acabar co monstro. Deixáronlle no camiño un burro enzoufado en alcatrán. A serpe comeuno e morreu de contado. Aínda hoxe existe a coba onde vivía o animal na cima do monte, e de aí o nome que leva








¿Unha bruxa? ¿Unha danzante camiño da éxtase?



Dentro do mundo das lendas hai moitos protagonistas e, entre eles, destacan as "bruxas", mulleres que en cerimonias especiais nocturnas, entraban en contacto co seu obxecto de culto, e o xeito de facelo podía ser por medio da danza, unha danza cada vez máis frenética, ata que se producía unha perda de consciencia que as levaba a entrar en contacto coa súa divinidade.

¿Poderíamos considerar unha representación aproximada de tal danza a imaxe que estamos a ver? Unha imaxe na que as formas desfaisen no momento da éxtase


¿Mito?



O problema non está no mito, senón na forma de "traducilo" a unha imaxe tridimensional, o misterio queda anulado pola excesiva monumentalidade e teatralidade dos elementos que integran o conxunto. ¿Como farías ti a traslación dun relato a unha imaxe?