Pequeno achegamento aos seres máxicos das nosas lendas
lunes, 29 de octubre de 2007
A meiga da noite
Consumida, sen dentes, o cabelo como guedellas, só os seus ollos transmiten o seu verdadeiro ser, ese que aínda a mantén tesa. E, xurde unha dúbida: ¿é vella pola idade ou porque o seu amo lle consumiu a savia da vida?
Nun momento en que se está perder a tradición oral, que é unha parte tremendamente importante da nosa cultura, considerei interesante realizar o blog como medio para recoller esa parte da nosa historia oral, discutir sobre ela e, riba de todo, evitar a súa perda. Yandros, o personaxe que me inspira, pertence a un momento no que o "Señor do Tempo" aínda reinaba.
Serpes, dragóns, ¿dous tipos? ¿dous tempos?
Tentar saber a verdade da súa existencia, ten pouco que ver coa intención do blog. O interesante pode ser que teñan unha lectura semellante, pero en tempos distintos. A serpe podería ser a zoomorfización dunha posibel divinidade feminina da terra e relacionada coa fertilidade, pervivencia dun neolítico agrario no que a muller como nai xoga o papel principal dentro da sociedade, pero que, posteriormente, foi demonizada por pobos de tradición patriarcal. O dragón aparecería xa dentro dun ámbito cristiano, no que se mesturan elementos pouco claros, tal vez reminiscencias da Besta da Apocalipse de S. Xoan, aparecendo como a representación do mal, do opresor, todo cunha forte influenza dos libros de cabalería.
No hay comentarios:
Publicar un comentario